jueves, 26 de mayo de 2016

Actividades con Basmati: Programa Apego

En setembro do ano pasado poñíase en marcha no noso concello o programa de dinamización da lingua para nenos de curta idade denominado "Apego". Aínda que Basmati xa tiña algo máis dun ano (ás embarazadas e menores de 6 meses regalábanlles un CD e unha mantiña) apuntámonos sen dubidar, así estaríamos ao tanto de todo o que traerían baixo esas siglas.
E o certo é que ata o momento, se ben non foron unha grande cantidade de actividades, estamos moi contentas con todo o que nos ofreceron.

Contámosvos qué foi?

O primeiro acto ó que puidemos asitir foi o "Prende no Colo" de Luis Prego
Non podo dicir porqué exactamente, pero Luis Prego encántame! a súa voz, o seu sorriso...

Esta canción repetímola na casa centos de veces! (clic na imaxe)


Despois de Luis Prego tivemos a oportunidade de ver a Raquel Queizás cos seus Nanocontos (xa vos contara na entrada sobre o Salón do Libro que xa a vira anteriormente)
Una historia sinxela, chea de cambios de voz, personaxes, espirros (a Basmati fanlle moitísima gracia)... en resumidas contas, un contacontos de verdade dirixido a nenos de 0 a 3 anos, tal e como se promociona. Este foi o primeiro contacontos de Bamati, tiña naquel entonces 19 meses e non tivo ningún problema en manter a atención durante os 30-40 minutos de durou. Manterse sentada iso xa é outra historia.




Tras el veu a mellor obra de teatro de tódolos tempos en opinión de Basmati:
"Os Axouxeres" de Elefante Elegante. 
Está recomendada para nenos de 0 a 6 anos e se tedes oportunidade, de verdade, non o pensedes dúas veces. A mín personalmente tamén me gustou. Impactoume moito a grandísima coordinación dos actores, o ben que reproducían os xestos infantís, os instrumentos en directo...

Déixovos o vídeo-promo, premede na imaxe


Permitídeme que vos conte que nesta obra regalan un CD coa banda sonora. Son realmente 5 cancións e despois unhas adiviñas e os xogos de mans... o que son as 5 cancións foi a banda sonora do meu coche durante meses. Aínda hoxe en día se a viaxe é longa e xa está cansada o CD segue facendo que se quede milagrosamente entretida.

Xa neste 2016 tivemos o
Obradoiro de Recursos para Educar en Galego para Familias
con Fabaloba e Luis Prego (de novo :D )
Novamente un montón de cancións xeniais para cantar na casa ademais de descubrir libros, xogos feitos á man... e o portal aliali.gal onde se pode atopar todo iso e máis.

Premendo na imaxe podedes ver a canción que levei metida na cabeza deste obradoiro



Por último, xa neste último mes, puidemos asistir á presentación do Libro-disco Fíos do Querer

A presentación foi fantástica. Unha hora de música, cancións para xogar, bailar, bicar... instrumentos naturais, instrumentos feitos á man cos que os nenos tamén colaboran neste concerto... e a oportunidade de mercar o CD, que tamén o podedes mercar en puntos de venta (neste enlace tedes tamén a oportunidad de escoitar 3 cancións orixinais)

En definitiva, o meu balance do programa é ... case inmellorable (digo case, porque quizá sí que boto de menos algo máis de actividade... Unha ao mes quizáis?)


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Si te ha gustado, compártelo